DeportesÚltima hora

O barquense Leo Pérez estréase no campionato galego de karting alevín cunha vitoria

Na proba do Porriño, a primeira do calendario, vencía na semifinal e quedaba segundo final

O barquense Leo Pérez, coa súa medalla no seu debut no campionato galego de karting alevín.

 

Moi satisfeito regresa o piloto barquense alevín Leo Pérez Pereira (Seijo Kart) da primeira proba do Campionato galego de karting. Competía neste 5 de marzo no circuíto do Porriño, facéndose coa vitoria na primeira carreira (semifinal), cun tempo de 10:34.753, mentres que final quedaba segundo, sendo unicamente superado por Daniel García (A.K. Dakart).

“No seu debut no galego Leo fixo un carreirón. Saía de cuarto na primeira proba, e entón comezou a chover, e xa se puxo de líder na primeira volta. Fixo unha moi boa saída e en auga é moi rápido, así que ganou. E na seguinte carreira quedou segundo, co cal nestes momentos, ao sumar os puntos de ambas probas está de líder na clasificación e iso que é dos pilotos máis xoves da categoría”, destaca o pai deste piloto, Julio Pérez.

 

Leo Pérez, no podio da categoría alevín no campionato galego.

 

A intención de Leo é correr o total de probas do galego. Así, a súa seguinte competición será  en abril (do 10 ao 11) no circuíto da Madalena en Forcarei (Pontevedra).

Fotos cedidas.

 

O Kart de Leo, co posto de saída nesta proba en Porriño.

 

Artigos relacionados

Back to top button
Close