AutomobilismoDeportesÚltima hora

O barquense Leo Pérez incorpora ao seu kart os motores de Javier Modroño

A pasada fin de semana lograba un terceiro e un cuarto posto na Pastoriza, na terceira proba do galego de karting alevín

 

Entre os primeiros pilotos da clasificación galega alevín de karting continúa o barquense Leo Pérez Pereira. O 2 de agosto afrontaba a terceira proba da tempada no circuíto da Pastoriza, logrando un terceiro posto na semifinal e sendo cuarto na final. “O seu kart foi mellor que nunca, pero na segunda carreira falloulle o eixo e freóuselle, senón fora por iso estaría no podio na final”, comenta Julio Pérez, pai deste xove piloto.

Ademais, nesta terceira cita da Pastoriza, Leo Pérez corría cun motor de Javier Modroño, todo un referente do mundo do kart en Asturias, cuxos coñecementos influíron en diversas xeracións, dende Fernando Alonso ata Óscar Palacio. “A partir de agora vai correr con motores de Modroño”, destaca Julio Pérez.

Así o fará na vindeira cita do galego, prevista para o 29 de agosto, de novo no circuíto da Madalena (Forcarei, Pontevedra). Antes, na próxima fin de semana, este piloto alevín barquense viaxará a Asturias para facer unha proba de karts dunha marca italiana, que está moi interesada nel.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button
Close