DeportesÚltima hora

O barquense Leo Pérez, prata alevín no Campionato Social de inverno Karting Cabañas

Na terceira e última proba desta competición proclamábase subcampión, sendo tamén segundo na clasificación xeral

 

Malia debutar na categoría alevín e competir cun kart novo, o piloto barquense Leo Pérez Pereira vén de facer tres podios consecutivos no Campionato Social de Inverno de Cabañas Raras (León), onde participan pilotos de diferentes puntos na península.

En novembro, estreándose como alevín era terceiro. En xaneiro lograba unha segunda posición e o pasado domingo 9 de febreiro, na derradeira cita do campionato, lograba novamente un segundo posto que lle garantía a prata nesta competición.  “Fixo unha moi boa carreira, sobre todo na segunda manga”, destaca o seu pai, Julio Pérez. Tamén conta que había xente valdeorresa animándoo no circuíto.

 

 

Nesta proba contaba ademais cun novo kart e competía por vez primeira co equipo Seijo Kart, un equipo galego.E como homenaxe a un amigo pilto que tivo un accidente, Leo lucía no seu kart a pegatina “Ambro 46”.

Agora este xovencísimo piloto barquense, que leva tan só un ano no mundo do karting, pensa na súa seguinte cita, xa dentro do campionato de Castela e León. A proba terá lugar o vindeiro 16 de febreiro, tamén no circuíto de Cabañas Raras.

Ademais agora conta con novos patrocinios, como é o da Deputación de Ourense. E confía en poder lograr algún máis.

Fotos: JFM3DIA (Ponferrada)

 

Artigos relacionados

Back to top button
Close