DeportesÚltima hora

O barquense Leo Pérez, subcampión na proba do galego de karting do Porriño

Este piloto alevín quedaba a tan só unhas milésimas da vitorias nas dúas carreiras desta competición

 

Tan só unhas milésimas separaban da vitoria ao piloto barquense Leo Pérez Pereira no circuíto do Porriño. Alí corría este 27 de setembro a penúltima proba do Campionato galego de karting na categoría alevín. Aínda así, o valdeorrés (que corre cn BRM e con motores de Javier Modroño) saboreaba a súa prata nesta cita, na que ademais batía o récord do circuíto na súa categoría.

 

Javier Modroño con Leo Pérez e o seu pai Julio Pérez, tras a carreira no Porriño.

 

Tanto na semifinal como na final Leo Pérez quedaba segundo, pero en ambos casos por milésimas, sendo o campión da cita Daniel Fontela. “Leo fixo dous carreiróns, a diferenza co primeiro clasificado foi de 58 milésimas na semifinal e de 54 na final, entraron nas dúas probas en paralelo. O ganador é ademais un rapaz de terceiro ano e que coñece moi ben o circuíto, xa que vive moi preto del. Esta mañá, nada máis levantarse, Leo díxonos que hoxe era o seu día, que ía ganar, e a verdade é estivo moi cerca de conseguilo, estamos moi contentos”, destaca o seu pai, Julio Pérez moi satisfeito polo resultado. Ademais Julio Pérez destacaba o cambio que están notando ao competir con motores de Javier Modroño.

A falta dunha única carreira na competición galega alevín de karting, a finais de outubro en Forcarei, a posibilidade de podio está complicada, pero non perdida. Aínda así, Julio Pérez fai un balance positivo do que está sendo a tempada deportiva do seu fillo e pensa xa na seguinte, na que continuará como alevín con moi claras opcións de títulos.

Fotos cedidas.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button