ConcellosQuirogaÚltima hora

O barquense Lois Prada recolle en Quiroga o 2º premio do I Concurso de Fotografía “Xeoparque Montañas do Courel”

Este acto enmarcábase no programa da celebración do "Día de Galicia" neste concello

 

Neste 25 de xullo o Concello de Quiroga conmemoraba o “Día de Galicia” cun programa de actos que se iniciaba esta mañá cunha recepción aos colectivos culturais do municipio, seguida da  entrega de premios do I Concurso de Fotografía “Xeoparque Montañas do Courel”.

 

Membros da Corporación de Quiroga nun dos momentos da celebración do Día de Galicia neste municipio./ Foto cedida.

 

Entre os galardoados desta edición hai un valdeorrés, o fotógrafo Lois Prada Ferrer, que recollía o segundo premio do certame pola imaxe “O Caurel esquecido”. Trátase dunha fotografía en branco e negro que retrata unhas casas abandoadas en Cereixido.

O primeiro premio era para Álvaro Rodríguez González pola fotografía “Val do Lor con néboa” e o terceiro para Alejandro Manteiga Mesías pola fotografía “Meandro del Sil en la aldea de La Cubela”.

Estes traballos e o resto dos presentados a este certame, un total de 25 fotografías de distintos lugares do territorio Xeoparque Montañas do Courel, exporanse na Sala de Exposicións do Concello de Quiroga durante unhas semanas.

Os actos da mañá deste 25 de xullo finalizaban coa música tradicional galega do grupo O Recanto. A partir das oito da tarde volverá a música, desta volta da man do grupo Os Caliqueños, que percorrerá as rúas da vila.

Fotos da galería: cedidas por Lois Prada Ferrer.

Artigos relacionados

Back to top button
Close