CulturaCulturaÚltima hora

O barquense Luis Prada gaña o concurso de fotos da Asociación Camiño de Inverno pola Ribeira Sacra

Juan Otero, tamén da comarca de Valdeorras, recibiu o terceiro premio

A entrega de premios no Casino de Monforte. / Foto: Lois Prada F.

 

A asociación Camiño de Inverno pola Ribeira Sacra entregou o xoves, 9 de xullo, os premios do seu terceiro concurso de fotografía. O acto tivo lugar no Casino de Monforte de Lemos (Lugo) e trátase dunha iniciativa que busca contribuir á promoción desta ruta xacobea.

O concurso contaba cunha dotación de 500€ en premios e os galardoados, por orde, son:

1º Luis Prada (Valdeorras), cunha foto das Médulas.

2º Antonio Cortiñas (Monforte), cunha foto da Ponte Medieval de Monforte.

3º Juan Otero (Valdeorras), cunha foto da Ponte de Sobradelo.

Accesit: María Teresa Hernández (Salamanca), cunha foto do faro.

 

Fotografía de Luis Prada, primeiro premio do concurso.

 

Fotografía de Juan Otero, segundo premio no concurso.

Artigos relacionados

Back to top button