CulturaÚltima hora

O barquense Mauro Docampo, autor do cartel das Festas do Cristo 2019 do Barco

Trátase dunha imaxe en horizontal cos elementos máis destacados da festa, entre eles o pregoeiro

O cartel das Festas do Cristo 2019.

 

Os debuxos do xove barquense Mauro Docampo son cada vez máis coñecidos. Os seus deseños ilustran o libro que recolle a obra de teatro Polos Camiños do Tempo. Percorrido teatral pola historia do Barco e Viloira escrita por Gustavo Docampo e hai pouco gañaba un dos premios dun concurso da Xunta convocado co gallo da celebración do Día Internacional.

Agora, a súa arte estará exposta por todo O Barco de Valdeorras anunciando as Festas do Cristo 2019. “Quixemos que fora el o autor do cartel deste ano e fixo un traballo moi personalizado. Son as festas do Cristo puras e duras”, en palabras da concelleira de Cultura do Barco, Margarida Pizcueta. Entre unha serie de personaxes, con claras referencias ao Barco, no debuxo destacan as Calantornias e tamén a a figura do pregoeiro deste ano.

 

Mauro Docampo. /Foto cedida.

 

Máis información no seguinte enlace: https://osil.info/as-festas-do-cristo-2019-contaran-coa-actuacion-dunha-afamada-orquestra-cubana-so-de-mulleres/

Artigos relacionados

Back to top button