DeportesEn portadaGalerías de fotosÚltima hora

O barquense Raúl Prada, campión de España infantil A en K4

Este padexeiro competía este domingo 28 de xullo no Campionato de España de xóvenes promesas cadete-infantil en Verducido

Terceira medalla no que vai tempada para o piragüista barquense Raúl Prada Pérez. Tras un ouro en K2 e unha prata en K4 en competicións galegas, este padexeiro vén de alzarse co título de campión de España infantil A en K4 na distancia de 1.000 metros neste domingo 28 de xullo en Verducido (Pontevedra).

Participaba no Campionato de España de Xóvenes Promesas nun barco de equipo acompañado por David, Miguel e Anxo representando ao Club Piragüismo Verducido-Pontillón, adestrado por Jabucho. Na pasada tempada este barquense conseguía tamén unha prata noutra competición nacional en K4 en Trasona (Asturias).

Fotos: Lois Prada.

Artigos relacionados

Back to top button