DeportesPiraguismoÚltima hora

O barquense Raúl Prada, ouro en K-4 cadete no campionato galego

Este padexeiro, que vestía das cores do Club Piragüismo Verducido-Pontillón, compartía barco con Anxo, David e Miguel Anxo

 

Novo título na traxectoria deportiva do padexeiro Raúl Prada Pérez. Logo dunha destacada tempada no 2019, con dous metais galegos e un ouro nun campionato de España, este barquense vén de subirse novamente ao podio nunha competición autonómica.

Así, o 30 de agosto competía no Campionato galego cadete, disputado no encoro de Verducido (Pontevedra), en K-4 cadete, vestindo novamente as coas cores do Club Piragüismo Verducido-Pontillón. O seu barco vencía na final, cunha distancia de 1.000 m, cun tempo de 00:03:18,33.

O valdeorrés compartía embarcación con Anxo García, David Pazos e Miguel Anxo Franco. Todos eles adestrados por Jabucho. Ademais, Raúl Prada participaba na competición de K-1 cadete, onde lograba clasificarse na novena posición na final A.

Fotos: Lois Prada Ferrer.

Artigos relacionados

Back to top button