CulturaCulturaÚltima hora

O barquense Ricardo Gurriarán afonda na figura de Florencio Delgado Gurriarán, na Coruña

Encetaba na tarde do 12 de xaneiro o "II Ciclo de Encontros sobre Valdeorras", promovido por Valdeorras Infinda

 

O historiador barquense Ricardo Gurriarán abría na tarde deste 12 de xaneiro na Coruña o programa de actos do “II Ciclo de Encontros sobre Valdeorras”, promovido polo grupo de encontro e divulgación Valdeorras Infinda coa colaboración da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda.

Baixo o título “Florencio Delgado Gurriarán: vida dun poeta valdeorrés, republicano e galeguista”, Gurriarán abordaba a figura deste poeta corgomés, ao que se lle adicará neste 2022 o Día das Letras Galegas. O conferenciante era presentado por Emilio Vega, representante do colectivo Valdeorras Infinda.

Tal como avanzan dende o colectivo, esta segunda edición do ciclo estenderase ata o mes de maio en base aos seguintes temas: en febreiro, “Viticultura e viño”; en marzo, “Unha comarca de cine”; en abril: “Arqueoloxía e relato histórico”; e en maio, “Valdeorreses nas artes”.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button