EconomíaEconomíaÚltima hora

O barquense Santiago Prada gaña o Concurso de Deseño de Xoia de Autor AJA 2016

A entrega do galardón tiña lugar no marco do salón Madrid Joya celebrado en Ifema
Santiago Prada xunto á presidenta de AJA tras recibir o premio en Madrid.
Santiago Prada xunto á presidenta de AJA tras recibir o premio en Madrid.

Entre o 7 e o 11 de setembro celebrouse en Ifema-Feria de Madrid, unha nova edición de Madrid Joya, o Salón Internacional de Xoiería e Reloxería Urbanas e de Tendencia, na que se deron cita numerosas empresas e asociacións do sector.

Unha das asistentes foi a Asociación de Diseñadores de Joyas de Autor (AJA), entidade  integrada por un grupo de creadores, repartidos por todo o territorio español ou con algún tipo de vinculación con España “co obxectivo común de poñer en valor a xoia de autor e converter a asociación nunha plataforma que lles permita crecer como profesionais con proxección internacional”, segundo a propia AJA.

E entre eses profesionais, atopamos ao deseñador barquense Santiago Prada Gómez que se convertía no gañador do Concurso de Deseño de Xoia de Autor 2016 convocado por AJA, no marco do salón madrileño.  A obra coa que conseguía o premio fou a gargantilla “Luxuria” elaborada en prata de lei patinada e esmalte,  inspirada na “Terra” o tema, rico en matices, elixido este ano para o concurso.

A entrega de premios tiña lugar o 9 de setembro, nun acto que contou co presenza do vicepresidente do Instituto Gemológico Español, José María Reguera-Sevilla Pérez e da presidenta da Asociación Joyas de Autor, Liane Katsuki, entre outros.

Fotos: Facebook de AJA.

Gargantilla "Luxuria" coa que Santiago Prada gañou o premio.
Gargantilla “Luxuria” obra gañadora do concurso.

Artigos relacionados

Back to top button