CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Un barquense, finalista no concurso escolar “¿Qué es un rey para ti?”

Víctor Ortiz Sousa, alumno do CEIP Julio Gurriarán, foi un dos participantes no certame nacional
Víctor Ortiz Sousa, alumno do CEIP Julio Gurriarán do Barco./ Foto cedida.
Víctor Ortiz Sousa, alumno do CEIP Julio Gurriarán do Barco./ Foto cedida.

Dende hai máis de tres décadas a Fundación Institucional Española (FIES) organiza o concurso “¿Qué es un Rey para ti?”, patrocinado pola Fundación Orange, cuxo obxectivo é que os escolares españois se acerquen ao monarca e á Coroa e que coñezan o papel que a Constitución reserva á primeira das institucións españolas.

Cada ano participan no certame miles de alumnos de entre 8 e 13 anos de toda España a través dos seus traballos (esculturas, murais, debuxos, multimedia…), elixindo un número de finalistas por cada comunidade autónoma. Este ano e por cuarto consecutivo, un alumno do CEIP Julio Gurriarán do Barco de Valdeorras foi un dos 40 alumnos seleccionados en Galicia: Víctor Ortiz Sousa alumno de 6º de Primaria, grazas a un trabado artístico sobre Felipe VI.

Os traballos seleccionados, incluído o de Víctor, foron expostos durante o acto celebrado na mañá do 3 de xuño no Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA) de Santiago de Compostela, onde se fixo entrega de diplomas e agasallos a cada un deles. Nese acto sábase asemade a coñecer o nome do gañador do concurso por Galicia, Daniel Bermúdez Álvarez, do IES Vilar Ponte (Viveiro), que representará á Comunidade Autónoma na audiencia co Rei.

Artigos relacionados

Back to top button