CulturaEducaciónÚltima hora

O barquense Víctor Ortiz recibe o seu premio do concurso “¿Qué es un rey para ti?”

O alumno do CEIP Julio Gurriarán foi un dos finalistas galegos do certame nacional
Víctor Ortiz recollendo o Premio de mans do  conselleiro.
Víctor Ortiz recollendo o Premio de mans do conselleiro.

Dende hai 34 anos, a Fundación Institucional Española (FIES) patrocinada pola Fundación Orange, organiza o concurso “¿Qué es un rey para ti?” no que unha edición máis participaron miles de alumnos de entre 8 e 13 anos de centros de toda España.

Só en Galicia presentáronse máis de 2.000 traballos e dentro dos 40 alumnos seleccionados (do que saíu o gañador que terá audiencia co Rey en Madrid), está Víctor Ortiz Sousa de 11 anos, alumno de 5º de Primaria do CEIP Julio Gurrirán do Barco de Valdeorras, grazas ao álbume que elaboru sobre a figura do monarca.

Víctor Ortiz Sousa co álbume creado sobre a figura do Rey Felipe VI.
Víctor Ortiz Sousa co álbume creado sobre a figura do Rey Felipe VI.

O luns 8 de xuño, Víctor recollía o seu premio como finalista acompañado pola profesora Raquel Parra, no acto institucional que tiña lugar no Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA) de Santiago de Compostela. Un acto ao que asistiron entre outros, o conselleiro de Educación, Román Rodríguez; o presidente de FIES, Rafael Guardians; e o director xeral de Orange, Manuel Gemino.

Artigos relacionados

Back to top button