DeportesFútbol salaÚltima hora

O barquense Xocas Miranda é o novo adestrador do Ribeira FS de 2ª B

Presentación de Xocas Miranda como adestrador do Ribeira FS.

 

Coa súa traxectoria no mundo do fútbol sala era de esperar que máis pronto que tarde fichara por algún club en categoría nacional. E así foi. Na mañá deste sábado 4 de xuño, o barquense Xocas Miranda era presentado oficialmente como o novo adestrador do conxunto lucense Ribeira FS Sénior Masculino de Segunda División B.

Adestrador de fútbol sala dende hai 26 anos, Joaquín Miranda ‘Xocas’ ten sobrada experiencia en 2ª B. Comezaba a súa carreira no Vilamartín FS ala polo ano 1998 e posteriormente adestrou, en categoría xuvenil, ao Barval FS logrando o campionato galego e o terceiro posto no campionato de España. Desde 2014 dirixiu ao Pizarras Los 3 Cuñados de Casaio, equipo no que foi elixido mellor adestrador de 2ª B na tempada 19/20 e que deixaba mediada a actual tempada 2021/2022.

 

Xocas coa camiseta do seu novo club.

 

É profesor da Escola de Adestradores da Real Federación Galega de Fútbol, posúe o Nivel III de adestrador e dende hoxe, aos seus 55 anos, toma os mandos da nave do Ribeira FS.

A presentación tiña lugar nas instalacións  Somos Futbol Shop, na rúa Salvador de Madariaga de Lugo e dende alí, o club dálle a benvida “á familia do Ribeira FS”.

Fotos: Ribeira Fútbol Sala.

Artigos relacionados

Back to top button