ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

O Belén de Éntoma (O Barco) feito por Raúl Díaz, abre as portas nas Antigas Escolas cun novo módulo

Trátase dunha maqueta da vila con todo luxo de detalles, dende os ríos ata os castiñeiros ou o lanzamento de aixada

 

Raúl Díaz é un apaixoado so seu pobo, Éntoma e da lousa; e eses son dous dos protagonistas do Belén que dende hai dou anos coloca durante o Nadal, nas Antigas Escolas da vila.

Unha das peculiaridades deste singular belén é que está distribuído por módulos, cunha escea representada en cada un, pero todas representativas desta localidade barquense e da comarca de Valdeorras. Está a canteira, o Nacemento, as pequenas médulas, a Igrexa, a vila coa capela da Virxe de Galir, a fonte dos desexos, o río e unha Casas Grande.

 

Raúl Díaz amosa a maqueta de Éntoma, nas Antigas Escolas.

 

“O Nacemento está ubicado no módulo do mercado”, puntualiza Raúl, engandindo que a novidade deste ano é un noveno módulo que representa a Éntoma con todo luxo de detalles. Están a pista polideportiva, as pontes, a vía do tren, os dous ríos que atravesan o municipio, o Galir e o Sil; as Igrexa de San Xoan e a capela da Virxe de Galir; as casas máis significativas,… Non falta o muro de Albar, tampouco a ponte sobre o Galir e os castiñeiros da zona sombría; os viñedos e a adega de Roandi, o Camiño de Inverno coa súa frecha amarela e incluso un grán rótulo feito en pedra que pon en letras moi grandes, Éntoma.

Non lle falta detalle e o horario de visitas é de luns a venres de 17 a 20h; e sábados e festivos de 12 a 20h. aínda que Raúl asegura que quen desexe velo, só ou en grupo, fóra dese horario, pode preguntar no pobo por el e acudirá sen problema para amosalo.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button