ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

O belén de Rubiá abre as portas ata febreiro

O nacecemento artesán de estilo hebreo, está instalado na casa parroquial

Dende o 24 de decembro ata a primeira semana do mes de febreiro. De 16 a 20 horas durante o Nadal e na fin de semana unha vez rematado. Ese é o período no que o belén artesán de Rubiá permanecerá aberto ao público. Case dous meses para ver e apreciar o traballo que levan a cabo dende a Asociación de Belenistas de Rubiá en colaboración co párroco.

Ubicado na casa parroquial sobre unha superficie duns 50 metros cadrados, o de Rubiá é un belén de estilo hebreo no que se recrean as esceas bíblicas máis significativas da infancia de Xesús. Dende a Anunciación, o Edicto do Emperador, a Entrada en Belén, o Empadroamento ou a Búsqueda de Pousada, ata a Fuxida e Descanso en Exipto, o Taller de Nazaret, Bautizo no Río Jordán, a Matanza dos Inocentes (última incorporación) e a Natividade como eixe central.

Malia a limitación de espazo, o nacemento conta xa con preto de 700 figuras pintadas a man, algunhas incluso dotadas de movemento. Trátase dunha auténtica catequese visual con todo luxo de detalles que cada ano se converte nun dos principais atractivos do Nadal en Rubiá.

Máis información no Especial Nadal de O Sil.

Artigos relacionados

Back to top button