ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

O Belén de Viloira, que incorpora novidades, xa pode visitarse na igrexa parroquial

Estará aberto ao público no templo barquense ata primeiros do mes de febreiro

 

Nunha ubicación diferente, con cambios na súa distribución e incorporación de novos elementos como figuriñas e construcións. O Belén de Viloira (O Barco) xa pode visitarse. Inaugurábase o 1 de decembro e permanecerá exposto na igrexa parroquial de Viloira ata primeiros de febreiro.

Da elaboración deste nacemento encárganse tres matrimonios veciños da vila. Cada Nadal tratan de melloralo, de incorporar novos elementos. De feito, nesta ocasión o nacemento está instalado nunha parte diferente do templo, tamén modifica a súa distribución e incorpora novas figuriñas artesanais (realizadas por Corchos Gómez), árbores como oliveiras e novos espazos como algúns postos do mercado (como un de vasoiras), construcións, unha cantina, unha ampla horta e mesmo unha praza na que xogan nenos sobre pedras de lousa.

 

 

No belén empréganse numerosos materiais, que van dende fíos e madeira ata plantas, serrín ou mesmo arroz e borras de café. Na elaboración deste fermoso belén os seus promotores tamén contan co apoio da parroquia, así como coa colaboración dos veciños e doutras persoas que axudan ou aportan materiais para poder realizalo e aos que lle agradecen a súa colaboración.

 

Artigos relacionados

Back to top button