CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

O berciano Ramón Cela viaxa aos tempos do volframio no seu último libro

Xunto a o investigador Isidro García Tato e ao presidente do IEV, Aurelio Blanco, presentaba no Casino do Barco “Breves historias del wolfram” o22 de xuño

Durante máis dunha década Ramón Cela, natural de Vilafranca (León), entrevistouse cun cento de persoas de avanzada idade en diferentes lugares onde se descubriu volframio. Como resultado dese traballo e experiencia escribía “Breves historias del wolfram (1940-1945)”, un volume de case 300 páxinas no que achega máis de 40 historias nas que percorre lugares (como as minas de Valborraz ou as de Vilanova), unha serie de feitos (extracción, espionaxe e contraespionaxe, violencia…) e personaxes (dende empresarios ata enxeñeiros) vencellados coa explotación deste mineral estratéxico. Se ben boa parte do libro céntrase no relacionado coa Peña del Seo.

“Isto non é máis que un tributo a aqueles homes que deixaron as súas vidas aplastados por unhas rochas a cambio do engano dun anaco de pan”, en palabras do propio autor, que presentaba este libro no Casino do Barco na tarde do 22 de xuño. Neste acto estaba acompañado polo presidente do Instituto de Estudios Valdeorreses (IEV),  Aurelio Blanco, e polo investigador valdeorrés Isidro García Tato, quen destacou que nesta obra Cela utiliza a “técnica artística expresionista”.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button