O vindeiro sábado 12 de outubro o bike park da Estación de Manzaneda celebrará por todo o alto o peche de tempada. Tal como explican dende a estación de montaña, “a intención é agradecer a todos os clientes que desfrutaron do bike park esta tempada, cunha festa na que se lles entregarán agasallos a todos eles”.
Desde a taquilla, no momento de mercar o pase, xa recibirán un agasallo e ao final do día haberá sorteos con todos os artigos que aportaron as tendas, marcas, establecementos da comarca… Haberá música durante todo o día e a partir das seis da tarde realizarase un concurso de saltos na base do telesilla Manzaneda, con premios para todos os participantes. Tamén se agasallará aos clientes con pinchos coas consumicións.