DeportesÚltima hora

O Bike Park Júnior, un dos principais reclamos da Estación de Montaña Manzaneda

 

As bicicletas son para o verán e agora tamén para a montaña por pequeno que uno sexa. En pouco tempo, o recentemente estreado Bike Park Júnior, con dous circuítos adaptados, tense convertido nun dos principais reclamos da Estación de Montaña Manzaneda para os máis cativos da casa, e unha boa forma de iniciarse nesta modalidade deportiva.

O primeiro dos roteiros adaptados, de cor verde, conta con ao redor de 180 metros de escasa dificultade, ademais de seis módulos, rollers, pirámides e curvas peraltadas. Con máis extensión, o circuíto azul conta con 260 metros e 9 módulos, rollers, pirámide, pasarela de equilibrio, balancín e dúas pontes. Tamén se ofrece aos “mini bikers” unha plataforma de saída con tres ramplas e unha ponte de acceso de case catro metros. “Como a seguridade é sempre o máis importante, todos os elementos e infraestruturas destinadas a uso infantil, como pontes ou balancines, levan un tratamento antiescorregadizo para evitar accidentes”, puntualizan dende a estación.

O Bike Park dirixido aos afeccionados adultos abriu as súas portas o 29 de maio e, desde entón, “non parou de recibir bikers especialmente as fins de semana, pero tamén de luns a venres, procedentes maioritariamente de Galicia, pero tamén de Asturias, Madrid, León e Portugal”, din dende a estación.

 

Artigos relacionados

Back to top button