ConcellosO BarcoÚltima hora

O bispo de Astorga presidirá este domingo, 25 de outubro, as confirmacións no Barco

O acto comezará ás 19:30h. na igrexa de Santa Rita e estará limitado aos que van recibir o Sacramento e aos seus familiares

O bispo de Astorga na anterior visita ao Barco. /Foto: Víctor Santos.

 

Este domingo 25 de outubro o bispo de Astorga, monseñor Jesús Fernández, volverá ao Barco de Valdeorras para presidir dous actos na igrexa de Santa Rita (a única aberta dende o inicio da pandemia). Por unha banda o inicio do Curso Pastoral, reunindo a partir das 17h. a todos os axentes pastorais do arciprestazgo do Barco; e por otra as confirmacións, a partir das 19:30h.

Tal como adianta o párroco do Barco, Tormás Rodríguez, son unhas 26 as persoas que recibirán o Sacramento da Confirmación por parte do bispo, estando limitada a entrada ao templo a elas a aos seus familiares. “Así xa se completa o aforo que temos na igrexa”, puntualiza o párroco explicando que habilitarán tres entradas para que non se xunte a xente. O aforo está limitado ao 50%  (unhas 120 persoas) segundo as restricións de Sanidade por mor do Covid.

Artigos relacionados

Back to top button