ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

O Bispo de Astorga visita a parroquia de Santo Estevo, na Rúa

D. Juan Antonio Menéndez oficiou a misa maior, o domingo 10 de abril

Hai un mes, o novo Bispo de Astorga, D. Juan Antonio Menéndez achegábase ata Valdeorras para visitar as parroquias de Petín e Fontei (A Rúa). Despois tocoulle o turno á outra parroquia ruesa, a de Santo Estevo.

Na mañá do 10 de abril, o Monseñor era recibido polo párroco Severino Pérez na súa visita oficial. “Esta é a quinta vez que recibimos a visita dun Bispo, a primeira de D. Juan Antonio”, aseguraba o sacerdote ao presentalo ante os fegreses. Despois, comezaría unha solemne eucaristía cantada polos veciños.

Xa no mes de abril, o Bispo continuará o percorrido por Valdeorras, presidindo a misa maior da Festa da Ascensión que se celebrará o 5 de maio en Rubiá.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button