ConcellosÚltima hora

O bispo preside a misa maior das Festas da Ascensión en Rubiá

O programa arranca hoxe coa misa e procesión pola mañá e o baile a cargo da orquestra Costa Dorada pola tarde e noite

Con gran solemnidade e devoción se viven as Festas da Ascensión en Rubiá, unha celebración coa que se conmemora o ascenso de Cristo ao ceo en presenza dos seus discípulos, que varía en función da Semana Santa, celebrándose corenta días despois do Domingo de Resurreción.

Centrada nas figuras da Virxe do Camiño, da Inmaculada e de San Isidro este ano as festas grandes da localidade valdeorresa de Rubiá desenvolveranse a comezos de maio, entre o xoves día 4 e o domingo día 8, cun importante apartado relixioso, pero tamén lúdico e cultural.

O programa arrancaba esta mañá, coa misa presidida polo bispo de Astorga D. Juan Antonio Menéndez e a procesión coa Virxe do Camiño acompañada pola charanga os Bercianos. O baile correrá por conta da orquestra Costa Dorada en sesión de tarde verbena na praza da Baicela.

Máis información na edición en papel do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Back to top button