O Blues no Sil quere seguir medrando

Nesta edición o cartaz incluía seis concertos, ademais das actuacións polas rúas e as jam session
Os organizadores do IV Blues no Sil./ Foto: Carlos G. Hervella

Os organizadores do IV Blues no Sil./ Foto: Carlos G. Hervella

Vén de rematar o IV Blues no Sil no Barco, pero os seus promotores xa pensan no vindeiro ano. Consideran que este proxecto, que aposta por converter á vila nun referente neste tipo de música, debe seguir medrando e para iso valoran introducir cambios na quinta edición, entre eles, novos escenarios para os concertos.

Ademais fan unha valoración positiva do festival que acaba de celebrarse, no que incrementaban o número de grupos participantes logrando reunir unha mostra do mellor do panorama do blues actual. “Este ano contamos cun grupo máis, xa que ata agora eran cinco bandas. Nesta ocasión tivemos seis no escenario e ademais volvimos a organizar a jam sesión vermú co pulpo con outra banda de Vigo, entón case foron sete concertos”, comenta dende a organización, Pedro Murciego.

A parte dos concertos, gustaron especialmente entre o público as interpretacións polas rúas en lugares como a praza José Otero ou o Paseo do Malecón, e tamén tiveron moi boa acollida os obradoiros de harmónica e guitarra que se desenvolvían na tarde do 5 de xullo no Baranda.

Dende a organización agradecen a colaboración do Concello do Barco, pero tamén da xente do sector comercio e da hostalaría que “son os que realmente están a facer posible” este evento musical do verán barquense, asi como dos amigos e familiares que os respaldan durante a fin de semana do festival, e do público en xeral.

Xunto coa música, esta iniciativa busca dar a coñecer O Barco como pobo e os seus recursos turísticos entre os visitantes, tal e como se reflexa na propia web do festival http://www.bluesnosil.com.

Texto: A.R. Foto: Carlos G. Hervella
(Máis información na vindeira edición en papel do Periódico O Sil).

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies