OurenseÚltima hora

O blues regresa ao Teatro Principal de Ourense con tres concertos internacionais

A XVI edición do festival, prevista para os días 11 e 12 de outubro, estará adicada ao lexendario guitarrista BB King

O guitarrista barcelonés Miguel Talavera.

 

Esta fin de semana o blues regresa ao Teatro Principal de Ourense coa XVI edición do festival que estará adicada ao lexendario guitarrista BB King, considerado Rey del Blues, con tres concertos que non deixarán indiferentes aos amantes deste xénero musical que abarca tamén rhythm´n´blues, soul, jazz e funk.

A cita arrancará o venres día 11 con dous concertos. Ás 21h. subirase ao escenario Miguel Talavera guitarrista, compositor e cantante que ganou unha gran reputación, colleitando os mellores eloxios na escena do blues de Barcelona. En Ourense estará acompañado por Pep Pérez Cucurella (baixo eléctrico), Enric Illa (batería) e Ángelo Manhenzane (percusión). Unha hora despois será a quenda de Saron Crenshaw cantante e guitarrista neoiorquino que mantén no escenario a paixón polo blues como o seu idolatrado B.B. King, con influencias de grandes guitarristas como Freddy King, Albert King ou Steve Ray Vaughan. Define o seu estilo como “blues con toques de soul” e no Teatro Principal de Ourense estará acompañado por Patrick Cuivers (teclados), Bart Kamp (baixo eléctrico) e Frank Duindam (batería).

 

O vocalista e guitarrista neoiorquino Saron Crenshaw.

 

A terceira artista do cartel deste ano é Vanessa Collier, compositora, vocalista, saxofonista e guitarrista natural de Dallas (EEUU). Nas súass actuacións ofrece un espectáculo moi enérxico, combinando blues, soul e funk de alto voltaxe. En Ourense faráo o sábado 12 de outubro ás 22h.

Fotos: Break Music.

A saxofonista e guitarrista Vanessa Collier (Dallas, EE.UU.).

Artigos relacionados

Back to top button