PolíticaÚltima hora

O BNG abordará “o espolio da enerxía” en Galicia nun acto na Rúa

Será no marco dun acto previsto para o 20 de decembro ás 20:30h. na Biblioteca Municipal

 

No marco da campaña “Paréceche normal?”, que o BNG está a desenvolver por toda Galicia contra o “tarifazo da luz”, inclúese o acto público que se celebrará o vindeiro xoves 20 de decembro na Rúa. Terá lugar ás 20:30h. na Biblioteca Municipal desta vila e nel intervirán a tenente de alcalde ruesa María Albert, a deputada galega do BNG Noa Presas e o secretario nacional de CIG-Industria, Xoán Xosé Bouzas.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button