Galerías de fotosPolíticaÚltima hora

O BNG alerta sobre a situación da sanidade pública

A deputada no Parlamento de Galicia, Montse Prado, achegouse ata O Barco de Valdeorras

Facer chegar aos veciños de Valdeorras a súa “tremenda” preocupación pola situación da sanidade publica en Galicia, era o obxectivo co que o BNG organizaba a charla celebrada na tarde do 15 de abril no Barco. “As dúas lexislaturas de Núñez Feijóo ao fronte da Xunta foron catastroficas para a sanidade publica, un sexenio negro onde se recurtaron os orzamentos acumulados máis de 1.200 millons de euros, reducíronse ao redor de 3.000 profesionais, trasladándose parte do gasto aos petos das persoas con prepagos e unha privatizacion salvaxe da sanidade publica que por riba estase facendo para empresas de fóra de Galicia, para multinacionais, e o máis grave é que se trata dunha decision ideoloxica de desmantelar a sanidade pública para convertila en nicho de negocio para as empresas privadas”. Así de rotunda se amosaba a deputada do BNG no Parlamento Galego, Montse Prado, intres antes da charla informativa.

Acompañada por Manuel Agra, coordinador do BNG en Valdeorras e Jesús Vilasánchez, enfermeiro e membro da Xunta de Persoal da Área Sanitaria de Valdeorras, Prado asegurou que “cada vez estanse vendo máis as consecuencias desa política do Partido Popular que as están pagando en desatención persoas con nome e apelidos. Cada vez hai menos profesionais nas listas de espera, en especializada por suposto, pero tamén esta habendo cada vez máis listas de espera en atención primaria e a todos os niveis”. Nese sentido, a deputada do BNG afirma que hai outros camiños. Un deles é partir de que a sanidade publica é prioritaria, un servizo esencial “que non pode medir a súa efectividade en termos de ganancias ou perdas senón do que é a rendabilidade social e o benestar das persoas”, dixo, dando a voz de alerta “porque estamos nunha situación que se non se rectifica, a sanidade pública tal como coñecemos en pouco tempo desaparecerá”.

Con respecto ao Hospital Comarcal Valdeorras, Montse Prada asegurou que está sendo dos máis desantendidos “cunha politica de desmantelamento en canto ás prestacións, moita política de propaganda que repiten unha e outra vez pero que non se verifica na realidade”. Nese sentido, Vilasánchez aportou datos sobre a perda de facultativos e das promesas feitas dende a Consellería como o servizo de fistioterapia en Sobradelo ou o Centro de Saúde da Rúa.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button