PolíticaÚltima hora

O BNG comeza no Barco a recoller sinaturas a favor “dun tren de calidade”

 

“Queremos tren. Non ao abandono de Valdeorras”. Baixo este lema o BNG vén de iniciar unha campaña de recollida de sinaturas no Barco, que terá continuidade noutros puntos da comarca, para “reivindicar, unha rede ferroviaria galega de calidade, con horarios e prezos adecuados, e para denunciar o abandono de Valdeorras con respecto ao tren”.

A mesa de sinaturas estará instalada ao longo desta tarde na praza do Concello do Barco. Nela estaban o responsable comarcal do BNG en Valdeorras, Roberto Quiroga, acompañado polos concelleiros no Barco e na Rúa, Suso Vilasánchez e Avelino Fernández, respectivamente.

Ademais, nesta mesa tamén se informaba dunha manifestación que terá lugar o vindeiro 3 de abril en Santiago “Contra a suba de prezos”.

Fotos: A.R./ Cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button