PolíticaÚltima hora

O BNG critica nas rúas de Ourense a “falta de prazas públicas” nas escolas infantís

A formación propón crear máis para satisfacer a demanda de 147 familias en toda a provincia
Os nacionalistas fixeron campaña nas rúas de Ourense para dar a coñecer a situación das escolas infantís e as prazas.
Os nacionalistas fixeron campaña esta mañá nas rúas de Ourense. // Foto: S.D.

Membros do BNG de Ourense coa súa candidata Noa Presas á fronte repartiron esta mañá folletos polas rúas da cidade para protestar pola “falta de prazas públicas” nas 23 escolas infantís de toda a provincia. Así, aproveitando o inicio do curso escolar, os nacionalistas trouxeron a escea unha problemática que afecta a máis dun cento de familias.

“147 familias fican sen posibilidade de conciliación familiar porque o goberno do Partido Popular non adica recursos a escolas infantís”, rezaba o díptico que entregaban aos transeúntes. Cren que se trata dun recurso “esencial para favorecer o aumento da natalidade na provincia máis envellecida” e propoñen mudar a situación apostando pola creación de máis prazas públicas.

Artigos relacionados

Back to top button