Eleccións municipaisPolíticaÚltima hora

O BNG da Rúa presenta a cadidatura

O acto público aberto contou coa presenza de Xosé Lois “O Carrabouxo”
Os tres cabezas de lista da candidatura do BNG da Rúa co Carrabouxo.
Os tres cabezas de lista da candidatura do BNG da Rúa co Carrabouxo.

A Casa da Cultura acollía na mañá do domingo 10 de maio, a presentación da candidatura do BNG da Rúa, nun acto público aberto que contou coa presenza de Xosé Lois “O Carrabouxo” chegado dende Ourense.

Encabezada pola candidata á alcaldía, María González Albert, a lista do Bloque Nacionalista Galego da Rúa conta con Avelino Fernández como número 2 e Germán Alejandre Salgado como número 3, todos presentes no acto. Completan a lista Patricia Rodríguez Núñez (4); Manuel Ángel Durán Blanco (5); Xiana Rivera Guerra; Roberto Quiroga López; María Cristina Vicente Fernández; Xosé Manoel Mateo Cao; María Nogueira Díaz; e Magín Blanco García.

Asistentes ao acto público aberto do BNG na Rúa.
Asistentes ao acto público aberto do BNG na Rúa.

O primeiro en intervir no acto foi Avelino asegurando que “nós estamos para demostrar que aquí hai xuventude, sana e libre” facendo referencia á candidatura nacionalista formada por xente nova que “ante todo ten dignidade, que quere gobernar o seu futuro e a maneira de facelo é enfrontarse a todo este caciquismo que nos está a gobernar na Rúa”. O número tres asegurou que “ante esas políticas de compadreo estamos nós, para demostrarlle á xente que hai outra forma de gobernar. Hai que gobernar para os veciños e contar cos barrios non só cando hai festas” concluíndo a súa intervención asegurando que “isto non pode seguir así”.

Co seu característico humor intervíu Xosé Lois, seguido por Germán Alejandre e a candidata á alcaldía, María Albert que falou dos principais puntos do programa co que concorren ás eleccións municipais, como “a recuperación de servizos públicos, o asociacionismo e a mocidade, ou reverter a decadencia en materia de urbanismo” entre outros.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close