PolíticaÚltima hora

O BNG da Rúa reclama “a convocatoria dunha xuntanza da Agrupación de Secretaría”

O Pleno Ordinario do mes de xaneiro foi adiado ante a baixa laboral do secretario accidental do Concello rues

A voceira nacionalista María G. Bellver no Pleno extraordinario de decembro de 2020. /Foto: Mónica G. Bellver.

 

O pasado luns día 11, unha vez finalizadas as festas de Nadal, deberíase ter celebrado no Concello da Rúa o Pleno Ordinario correspondente ao mes de xaneiro, pero a sesión plenaria non se celebraba pola baixa laboral do secretario accidental. “Non había posibilidade de que a través da axuda a municipios da Deputación se organizasen para asistirnos”, explica o alcalde popular Álvaro Fernández. “Foi moi repentino e son malas datas”, puntualiza.

O BNG da Rúa pola súa banda critica o feito de que “esta baixa só foi comunicada aos grupos a través dun correo electrónico sen que se teña articulado ningunha outras medida de comunicación co gallo de analizar as posibles alternativas que eviten a paralización do Concello”, asegura a voceira nacionalista María G. Albert, adiantando que teñen reclamado por escrito “a convocatoria dunha xuntanza da Agrupación de Secretaría”.

Non é a primeira vez que Albert amosa a súa preocupación ante a “falta de cultura democrática do goberno municipal”, criticando reiteradamente “o nulo respecto pola convocatoria ordinaria dos plenos e xunta de voceiros” e lembrando que “o Partido Popular leva un ano enteiro sen entregar actas das Xuntas de Goberno Local”.

 

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button