PolíticaÚltima hora

O BNG de Ourense levará ao pleno a “situación alarmante do comercio local”

Así o anunciaba o seu portavoz no concello, Luis Seara

O portavoz, Luis Seara.

 

O portavoz municipal do BNG no Concello de Ourense, Luis Seara, anunciou que levará ao pleno a “situación alarmante” do comercio local. Ademais, adiantou tamén unha reunión cos comerciantes, que terá lugar o vindeiro mércores ás 21:00 horas no Liceo de Ourense.

“No ano 2018 pecharon 270 comercios, a razón dun comercio cada dous días” sinalou. Explica que esta situación agrávase no futuro segundo estudos recentes, que sinalan que haberá o peche dun 20% de comercios locais. Perspectivas moi diferentes ao resto de capitais provincias: “Coruña ten récord de afiliados no sector do comercio polo miúdo; Lugo mantense nas súas cifras; e Pontevedra, que logra o maior número de empregados da última década” sinalou Seara.

“Para nós o comercio é un sector estratéxico por tres razóns fundamentais: contribúe a fixar poboación; humaniza ás rúas e barrios da cidade e xera emprego de calidade” explicou o voceiro nacionalista en relación á importancia do comercio de proximidade. Continuou indicando que as administracións públicas teñen que ter unha función proactiva neste senso. “Dende leis de carácter estatal, tendo unha Tarifa Eléctrica Galega que favorecería ao pequeno e mediano empresario, coma leis de carácter galego cunha Nova Lei de Horario Comercial” indicou.

Artigos relacionados

Back to top button