PolíticaÚltima hora

O BNG de Ourense presenta a súa candidatura ás municipais na cidade

Neste acto os membros desta lista, que encabeza Luís Seara, estiveron acompañados pola portavoz nacional, Ana Pontón
Luis Seara intervindo no acto de presentación da candidatura do BNG ás municipais na cidade de Ourense.

Nos Xardíns do exterior do Centro de Interpretación As Burgas tiña lugar na mañá deste sábado 16 de marzo o acto de presentación da candidatura coa que o BNG se presentará ás vindeiras eleccións locais de maio na cidade de Ourense. Nel contábase coa presenza da portavoz nacional do BNG, Ana Pontón.

A lista estará encabezada por Luís Seara, diplomado en EXB, especialidade en educación infantil, pola Escola Universitaria de Maxisterio de Ourense. Na actualidade traballa como asesor no grupo provincial do BNG da Deputación de Ourense. Exconcelleiro do BNG no concello da Merca durante 12 anos, agora mesmo é lidade é responsable local, vicerresponsable comarcal e membro do Consello Nacional.

Na súa intervención Seara destacou o papel xogado por esta formación política na cidade nos últimos anos o que “nos pertimiu ganar o respecto non só dos nosos adversarios políticos, senón tamén de moitas persoas que, compartan ou non o noso ideario político, vennos como unha forza útil, seria, como unha forza na que se pode confiar”. E puxo en valor a xestión realizada polos nacionalistas naqueles concellos onde gobernan.

Da candidatura tamén forman parte, nesta orde, as seguintes persoas: Rut Marina Reza Álvarea, Xosé Manuel Puga González, Iria Aldomar Dosouto, Xosé Diz Romay, Stella González Fuentes, Daviz Paz Garza, Gloria Viana Rivera, Indalecio Gómez López, Lidia Gómez Cardero, Pablo Iglesias Valeiras, Alba Sánchez Nieto, Xose Manuel Cid Fernández, Consuelo López Caride, Xosé Fernández Baltar, Xela Fernández Veloso, Rubén Requeixo Ribeira, Claudia Rivera Rivas, Xurxo Rodríguez Sánchez, Ilda Blanco González, Xosé Diego Pérez Fontes, Conchi Freire Montes, Manuel Carnicero Méndez-Aguirre, Lúa Fernández Carballo, Antón Gómez Rodríguez, Susana García Rodríguez e Antón Sánchez Rivero.

 

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close