PolíticaÚltima hora

O BNG de Valdeorras agradece á cidadanía o seu apoio nas eleccións do 12X

Os nacionalistas destacan a “responsabilidade” coa que acollen os resultados e agardan “non decepcionar” a todas aquelas persoas que apoiaron a súa candidatura

O Consello Comarcal do Bloque Nacionalista Galego de Valdeorras quixo agradecer “a confianza que as electoras e electores da comarca depositaron nas súas siglas na noite eleitoral do 12X”. Os nacionalistas destacan “o importante aumento dos apoios á proposta política do BNG na comarca máis oriental do país, cun aumento da porcentaxe de voto de case 10 puntos con respecto ás pasadas eleccións galegas de 2016”.

Ademais, quixeron recalcar a entrada de María G. Albert no Parlamento de Galicia, primeira parlamentaria do BNG de Valdeorras. “Desde a organización temos claro que esta presenza suporá un antes e un despois na atención aos nosos intereses comarcais en Compostela”, afirman.

 

A candidata ruesa, María G. Albert./ Foto: Alba Prada.

 

O responsable comarcal do BNG, Roberto Quiroga López, quixo destacar a “responsabilidade infinita coa que a organización asume esta confianza cidadá e que nos fará traballar con máis forza cada día por non defraudar a confianza de quen nos votou e por gañar a de quen aínda non o fixo”.

Por último, Quiroga subliñou o “traballo inmenso realizado pola militancia do BNG valdeorrés que, cuns recursos limitadísimos pero con moitísima ilusión e traballo realizou unha campaña impecábel, sen estridencias e cos pés na terra que se viu recompensada nas urnas”.

 

Roberto Quiroga, responsable comarcal do BNG./ Foto: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button