PolíticaÚltima hora

O BNG de Valdeorras fai un chamamento para consumir no comercio de proximidade

“Mellor local, mellor galego; aposta polo noso” é o lema da campaña que a organización está a levar a nivel nacional

Cartel da campaña.

 

O Bloque Nacionalista Galego vén de presentar unha nova edición da comarca de Valdeorras a campaña que a organización está a levar a nivel nacional baixo o lema “Mellor local, mellor galego; aposta polo noso” que entre outras medidas está a incluír o reparto de cartaces de apoio entre os distintos establecementos comerciais dos concellos valdeorreses.

Desde as filas do BNG consideran “fundamental que neste período de grandes ataques ao comercio de proximidade e de quilómetro 0 se elabore unha lei de comercio galego, que se establezan liñas de axuda específicas para o sector así como unha moratoria para a instalación de novas grandes superficies comerciais”.

Neste contexto a deputada nacionalista Maria G. Albert destaca a importancia e o valor social que ten apostar por consumir produto galego, xa que “xera riqueza e emprego e reforza o comercio sustentábel”, ao tempo que ten “unha importancia capital para garantir a dinamización económica das novas vilas e localidades e, por extensión, para garantir a nosa propia supervivencia”.

Esta campaña, que o BNG está a desenvolver a nivel nacional, ten en conta que o comercio local é un sinal da identidade e non se pode entender a vida nas nosas vilas e cidades sen este comercio polo que vai  acompañada de propostas concretas que se vertebran na obrigatoriedade dunha maior implicación por parte da Xunta que vaia máis aló da mera campaña publicitaria. Así, Albert sinala a importancia dunha nova lei do comercio local para regular horarios ou tempadas de rebaixas, recalcando que  “desde o BNG queremos unha lei que defenda o pequeno e mediano comercio galego e resulta necesaria para crear emprego e riqueza e sobre todo unha rede de distribución dos produtos galegos”.

Artigos relacionados

Back to top button