PolíticaÚltima hora

O BNG de Viana pídelle á oposición propostas “para negociar e sacar os orzamentos adiante”

O grupo de goberno nacionalista, que goberna en minoría, levaba a pleno o orzamento o 3 de outubro pero non lograba o apoio do PP nin do partido socialista

O alcalde de Viana, o nacionalista Secundino Fernández (á esquerda da imaxe), no pleno do 3 de outubro./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

O 3 de outubro o equipo de goberno nacionalista de Viana do Bolo, que preside Secundino Fernández, levaba ao pleno o orzamento municipal para o 2020. Sen embargo, non lograba o apoio da oposición (PP e PSdeG-PSOE), co cal non puido sacalos adiante ao estar gobernando en minoría.

Agora, oito días despois, o BNG de Viana vén de emitir un comunicado no que, “ante esta situación, reiteramos o ofrecemento aos grupos políticos da oposición para que presenten propostas. O orzamento do grupo do goberno xa o coñecen; agora tócalle ao PP e ao PSOE facer propostas para poder chegar a un acordo. No BNG estamos dispostos a escoitar e analizar as alternativas para tentar chegar a un acordo. Por Viana estamos a tempo”.

Tamén aseguran no texto do comunicado que “a función do goberno municipal é elaborar e presentar os orzamentos municipais, eses orzamentos teñen que dar resposta aos principais problemas que ten a sociedade de Viana do Bolo para o ano 2020. Dende o goberno presidido polo alcalde Secundino Fernández fíxose ese traballo, para así presentarllo á Corporación municipal”.

Máis información sobre o pleno:
https://www.osil.info/a-oposicion-vota-en-contra-do-orzamento-presentado-polo-goberno-nacionalista-de-viana/

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close