PolíticaÚltima hora

O BNG de Viana preguntará en pleno polo proceso para declarar o Entroido vianés de interese turístico nacional

Boteiros e un dos fulións de Viana do Bolo na praza maior da vila nun Entroido anterior./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

O voceiro do grupo municipal do BNG de Viana do Bolo, Secundino Fernández, preguntará na vindeira sesión plenaria da Corporación vianesa sobre o proceso de tramitación para declarar o Entroido deste municipio de interese turístico nacional.

“O entroido de Viana do Bolo ten unhas características que o fan especial e para as vianesas e vianeses é de vital importancia tanto a nivel cultural como tradicional e antropolóxico o entroido vai no ADN de Viana”, explica Secundino Fernández. Ademais lembra que “o entroido é festa de interese turístico galego dende fai moitos anos” e que o “pleno da corporación de Viana instou por unanimidade ao Concello a solicitar a declaración do noso entroido como festa de interese turístico nacional. Tamén o Parlamento Galego apoiou unanimemente esta solicitude para o noso entroido”.

Nese senso, “o goberno municipal do BNG tramitou ao ministerio de turismo a solicitude de declaración de festa de interese turístico nacional. Pasou ano e medio dende que o BNG foi expulsado do goberno e non coñecemos a situación do citado expediente”, di Secundino Fernández.

Neste senso, o BNG preguntará no pleno en que situación está o citado expediente e se “Concello xestións para que se resolva favorablemente esta solicitude”.

Artigos relacionados

Back to top button