PolíticaÚltima hora

O BNG de Vilamartín demanda o arranxo da estrada de Cernego

Esta formación política considera que se trata “risco inasumíbel para os veciños que transitan por ela” e presentarán esta petición no Concello

A situación na que se atopa a estrada de Cernego (Vilamartín) supón, en opinión do BNG deste municipio, un “risco inasumíbel para os veciños que transitan por ela”. Por iso demandan o seu arranxo e presentarán unha petición formal no Concello vilamartinés.

Esta formación política indica que “non é a primeira vez que a estrada se atopa nun estado lamentábel” e espera que, “desta volta, os amaños non sexan parcheados de calidade pésima que ano tras ano hai que repor”.

E nese senso piden, entre outras cuestións, que se “realicen os amaños precisos para repoñer e estabilizar a banda de rodadura”, “que se estude a colocación de valados de protección, tal como xa temos solicitamos hai anos, xa que se trata dunha estrada con moita exposición e risco para os vehículos que por ela transitan”.

Fotos: BNG de Vilamartín

Artigos relacionados

Back to top button