PolíticaÚltima hora

O BNG defende un novo servizo ferroviario para Galicia

Os cabezas de lista por Ourense ás eleccións galegas, Noa Presas e o valdeorrés Suso Vilasánchez, participaban nun acto reivindicativo en Monforte de Lemos
Noa Presas e Suso Vilasánchez, primeiro pola esquerda, con Olalla Rodil en Monforte.
Noa Presas e Suso Vilasánchez, primeiro pola esquerda, con Olalla Rodil en Monforte.

“Queremos ter a capacidade plena, a competencia exclusiva dos servizos ferroviarios para o que imos constituír un ente público ferroviario galego que xestione os servizos de proximidade”, aseguraba á cabeza de lista do BNG ás eleccións galegas, Noa Presas, nun acto reivindicativo dun novo servizo ferroviario para Galicia en Monforte de Lemos. Xunto a ela estaba tamén o número dous por Ourense, o valdeorrés Suso Vilasánchez.

Presas alduía á desfeita do actual servizo poñendo como exemplo que “para viaxar desde Ourense a Vigo se recomende pasar por Compostela porque se chega antes debido a falta de frecuencias para unha viaxe directa”. E insistiu en que “Galiza segue sen tren de cercanías”. Ante isto o BNG pretende renovar o modelo galego de transporte de viaxeiros cunha nova iniciativa: o Galtren.

Outro dos momentos do acto celebrado en Monforte.
Outro dos momentos do acto celebrado en Monforte.

“É unha aposta pola construción dunha rede ferroviaria moderna, compatíbel para o tráfico de persoas e mercadorías, que primara a mobilidade interior, e con conexións con Portugal e a Meseta”, segundo o BNG. O Galtren, segundo a proposta nacionalista, constituiríase como unha entidade plenamente pública, dependente do Goberno galego, onde se aglutinen todos os servizos ferroviarios que transcorren polo país.

Artigos relacionados

Back to top button