Galerías de fotosPolíticaÚltima hora

O BNG do Barco pecha a campaña cunha asemblea aberta coa mocidade e cunha festa

Escoitaban as demandas e propostas dos mozos na praza Lauro Olmo da vila e logo dábase paso á música dos Parrandas

Achegándose aos máis novos pecha a campaña o BNG do Barco. Celebraba unha asemblea aberta coa mocidade do municipio a partir das nove da noite do 24 de maio na praza Lauro Olmo. O encontro abríase coa intervención do cabeza de lista, Suso Vilasánchez que se presentaba e sinalaba que “vimos aquí a escoitar as vosas propostas”. A partir de aí tomaban a palabra diversos mozos que plantexaban a necesidade de máis iniciativas culturais, a falta de espazos para a mocidade como “locais de ensaio” e tamén para deportes como o skate, entre outros.

Vilasánchez tomaba nota das demandas e comprometíase a elevalas ao Concello no caso de obter representación municipal. Tamén lles manifestaba a intención do BNG de “facer un concello participativo, non só contando cos pedáneos das aldeas ou con represantes dos barrios, senón tamén con toda a cidadanía para que faga chegar chegar directamente as súas propostas”.

Deseguido, dábase paso á música para pechar cunha festa “esta intensa campaña”. Actuaban os Parrandas que poñían a banda sonora dunha celebración que se prolongará até as 12 da noite e na que tamén se servían petiscos aos asistentes.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button