PolíticaÚltima hora

O BNG e a CIG organizarán unha caravana de vehículos contra a supresión de servizos ferroviarios en Valdeorras

Os nacionalistas cualifican de “dramático para a comarca” o desmantelamento destas infraestruturas chaves para a supervivencia de Valdeorras

 

O BNG de Valdeorras vén de emitir un comunicado de prensa “ante as informacións que vimos de coñecer na xornada de hoxe sobre o peche das dúas estacións de tren que permanecían activas na comarca: O Barco e A Rúa”.

Os nacionalistas manifestan o seu rexeitamento e consideran que “finalmente se efectiviza esta morte anunciada case con nocturnidade e aleivosía, avisando ás traballadorase traballadoras do servizo con só un día de antelación ante a fin definitivo da venta presencial de billetes”.

Para o BNG esta política de peches “atenta directamente contra a supervivencia dunha comarca que debe boa parte do seu desenvolvemento económico á presenza do ferrocarril”. Os nacionalistas destacan o aproveitamento da situación COVID que “está a levar a cabo o goberno do PSOE para proceder á supresión paulatina de frecuencias de comunicación con Ourense e o resto de cidades galegas, máis tamén co resto do Estado (como a última supresión do Alvia a Barcelona)”.

Ademais o BNG anuncia a presentación de sendas iniciativas no Parlamento de Galicia e no Congreso dos Deputados xa “que aínda que semella chover sobre mollado con este tema o Bloque nunca abandonará á comarca deValdeorras “.

Así mesmo os nacionalistas anuncian unha mobilización este próximo domingo 4 de outubro ás 12 horas en colaboración coa CIG. O acto consistirá nunha caravana de vehículos que circulará entre as estacións de tren do Barco e A Rúa para visualizar o que a supresión dos servizos de tren supón para a comarca.

Artigos relacionados

Back to top button