PolíticaÚltima hora

O BNG pedirá no pleno do Barco a rebaixa do imposto de vehículos de tracción mecánica

O seu concelleiro Suso Vilasánchez presentará unha moción sobre este tema na sesión do xoves 7 de maio

Suso Vilasánchez, concelleiro do BNG no Barco, nunha sesión plenaria./ Foto: A.R.

 

Na sesión plenaria que a Corporación do Barco celebrará o vindeiro xoves 7 de maio, o grupo municipal do BNG presentará unha moción para pedir que se rebaixe o imposto de vehículos de tracción mecánica neste concello, tendo en conta a actual situación de estado de alarma pola crise sanitaria do COVID-19.

“Neste tempo de confinamento obrigatorio os barquenses abandonamos as rúas e vimos como o cese de grande parte da actividade económica e a limitación de movementos eliminaba nunha amplísima porcentaxe a cantidade do tráfico nas nosas estradas. Tamén vimos como as administracións foron flexibilizando moitas das obrigas que se lles impoñen á cidadanía, adiando prazos ou rebaixando algúns impostos e taxas, mais observamos que pese a ter impedida a circulación varios meses, o imposto de circulación manterase na mesma contía que se a circulanción estivese permitida sen limitacións os doce meses do ano”, asegura no texto da moción o concelleiro do BNG, Suso Vilasánchez.

Neste senso, este grupo municipal solicitará no pleno “acadar un consenso para a rebaixa do imposto de vehículos de tracción mecánica proporcional aos días que dure o estado de alarma” e que esa rebaixa “se efectúe a todas as persoas que paguen o imposto, sen excepción, no seguinte exercicio de 2021”.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button