PolíticaÚltima hora

O BNG pon en marcha en Valdeorras unha campaña en defensa dun “tren digno para o interior”

 

“Estamos fartos de máquinas vellas, de falta de horarios e de liñas, de abusos na tarifa de prezos”, dicía a deputada galega do BNG, Noa Presas, na estación de ferrocarril da Rúa o 10 de febreiro, facendo referencia ao actual servizo ferroviario nesta zona. Acompañada por representantes do BNG da Rúa e do BNG, Presas presentaba en Valdeorras a campaña “Tren Digno para o Interior”, na que se pide unha “mellora dos servizos ferroviarios públicos”.

A través desta iniciativa o BNG reclama “o mantemento dos servizos presenciais de venda de billetes nas estacións”, esixe “a modernización da rede ferroviaria e a aposta por un tren galego de proximidade que conecte vilas e cidades” e unha “rebaixa do prezo do Avant entre A Coruña e Ourense e a mellora nos horarios”. Ademais demanda ” a transferencia a Galiza das competencias ferrovarias”.

Na tarde deste 11 de febreiro realizábase unha primeira pegada de carteis desta campaña en Valdeorras, en concreto na estación da Rúa. O día 14 de febreiro farase unha nova pegada no Barco.

Fotos cedidas.

 

A deputada galega do BNG Noa Presas, durante a presentación da campaña en Valdeorras./ Foto cedida.

Artigos relacionados

Back to top button