Este partido presenta listas en catro dos nove concellos desta comarca ourensá
O Paseo do Malecón barquense, ao pé do río Sil e do regato Cigüeño. Este era o lugar escollido polo BNG-Asembleas para presentar na tarde do 28 de abril aos seus cabezas de lista na comarca de Valdeorras nas vindeiras eleccións municipais do 24 de maio.
María González Albert será a candidata nacionalista á alcaldía da Rúa; Antón Rodríguez Prieto liderará a candidatura desta formación política en Vilamartín; Suso Vilasánchez será o cabeza de lista no Barco e Ramón Nuñez en Rubiá. Agás no caso de Antón Rodríguez, o resto están por primeira vez á fronte dunha candidatura do BNG nas muncipais.