PolíticaÚltima hora

O BNG presenta a súa candidatura ás autonómicas por Ourense

Está liderada por Noa Presas e o número dous é Jesús Vilasánchez, de Valdeorras
Acto de presentación da candidatura do BNG por Ourense ás eleccións galegas.
Acto de presentación da candidatura do BNG por Ourense ás eleccións galegas.

Nas inmediacións da estatua de Bóveda, na rúa da Barreira en Ourense, tiña lugar a presentación da candidatura do BNG-Nós Candidatura Galega por Ourense ás vindeiras eleccións galegas. O acto, que se celebraba na mañá do 15 de agosto, contaba coa presenza de Ana Pontón, candidata nacionalista á presidencia da Xunta de Galicia, quen aseguraba que “hai que dar un paso adiante para un autogoberno real” e tendía a man “a todas as persoas desencantadas coa vella política de promesas incumpridas e á desencantada dos líos, as loitas de poder, os personalismos e os intereses das cúpulas”.

Tamén resaltaba que o BNG conta coa forza e a confianza dun proxecto “sólido, solvente e definido coas ideas, alternativas e propostas para saír adiante porque hai futuro para Galiza se tomamos as decisións correctas para un cambio político no noso país”. Tamén anunciaba que o BNG levará no seu programa o apoio aos sectores produtivos, “como fixemos cando tivemos responsabilidades de goberno”, así como políticas innovadoras que impulsen un contrato de sustentabilidade con axudas para as persoas que viven no rural que se comprometan a “conservar e custodiar o territorio”, así como apostar por unha nova política forestal “como a que defendeu no Goberno da Xunta o ex-conselleiro do BNG, Alfredo Suárez Canal”.

Asemade interviña a cabeza de lista por Ourense nas autonómicas, Noa Presas, para quen as eleccións do 25S “non son unhas eleccións máis, o nacionalismo debe ser determinante para condicionar cambios profundos”. Neste contexto, dicía, non abonda con xestionar ben. Estamos nun momento no que se abren debates como o estatus que debe ter Galiza e resulta fundamental que estean as voces nacionalistas para condicionar os debates do futuro Parlamento galego”.

Presas aludía tamén á situación da provincia de Ourense, coa poboación máis envellecida, emigración, falta de creación de emprego, menor natalidade e “líder en destrución de sistemas produtivos. Esa análise está feita polo nacionalismo dende hai tempo e as estatísticas nos dan a razón sobre as políticas que durante anos condenaron a nosa provincia polo que apelou a un cambio político o 25 de setembro para subverter esta situación”.

O número dous da lista ourensá do BNG ocúpao Jesús Vilasánchez, veciño do Barco de Valdeorras, enfermeiro no PAC de Viana do Bolo.

Candidatura de BNG-Nós Candidatura Galega por Ourense:

1. Noa Presas Bergantiños-Ourense-O Carballiño
2. Suso Vilasánchez, O Barco de Valdeorras.
3. Maribel Poysa Rey. Allariz-A Limia.
4. Ángel Amaro Quintas. O Pereiro de Aguiar. Ourense-O Carballiño
5. Moncho Boán. Xubilado. Celanova-Baixa Limia
6. Diego Lourenzo Moura. Verín. Comarca de Monterrei
7. Sofía García Hermida. O Carballiño. Ourense-O Carballiño
8. Luís Pérez, “Ficol”. Leiro. O Ribeiro.
9. Sofía Carril, Vilamartín. Valdeorras.
10. Xosé Luís Freire. Ourense-O Carballiño
11. Ximena González Ataide. Ourense-O Carballliño
12. Puri Caldelas. Verín. Monterrei
13. Marcos Fernández. Ourense. Pereiro-Ourense-O Carballiño
14. Xosé Rodríguez Cid. Cartelle. Celanova-Baixa Limia

SUPLENTES
1.- Xosé Diego Perez Fontes. Seixalbo. Ourense-O Carballiño
2.-Raquel Vázquez López. Coles. Ourense-O Carballiño
3.- Manolo Ferro. Cartelle. Celanova-Baixa Limia
4.-Maria Carme Rodríguez Armesto. Nogueira de Ramuín. Ourense-O Carballiño
5.- Xosé Manoel Fírvida Plaza. Barbadás. Ourense-O Carballiño

Artigos relacionados

Back to top button