Eleccións Xerais 26-XPolíticaÚltima hora

O BNG presenta as súas candidaturas ás xerais en Ourense

Publicidade
O acto, celebrado no Claustro de San Francisco, contaba coa participación de Ana Pontón, portavoz nacional desta formación nacionalista
Acto de presentación das candidaturas do BNG ás eleccións xerais por Ourense.
Acto de presentación das candidaturas do BNG ás eleccións xerais por Ourense.

“Co firme compromiso de mudar a realidade da provincia” afronta a campaña electoral das eleccións xerais o BNG-Nós Candidatura Galega. Así o aseguraba a cabeza de lista nacionalista ao Congreso por Ourense, Noa Presas, no acto de presentación da candidatura que tiña lugar na mañá do 26 de maio na cidade das Burgas. Asemade advertía das “pragas de miseria, pobreza e despoboamento salvaxe que levan camiño de converter a Ourense nun auténtico deserto”.

Presas estaba acompaña pola portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, e polos membros das listas, ás que se incorporan nomes de referencia no ámbito municipal. É o caso de Diego Lourenzo, tenente alcalde de Verín e número dous da lista ao Congreso do BNG, quen resaltaba que o obxectivo “é levar outra vez a voz do país ao Congreso dos Deputados a través dunha candidatura forte, plural e representativa da provincia”, e engadía que outros tiveron a súa oportunidade e “agora é a nosa quenda”. Tamén asistían ao acto Francisco García, alcalde de Allariz e número catro da lista ao Congreso, e o concelleiro do BNG en Ribadavia, Xacobe Rodríguez, número un ao Senado, entre outros membros das listas.

Pola súa banda, Ana Pontón facía unha chamada a todos aqueles “que queren apostar porque Galiza volva a ter unha voz propia que sen dependencias de ningún partido estatal defenda os intereses dos galegos e galegas” para recuperar entre todos “a voz que durante vinte anos mirou por nós e conseguiu cousas moi positivas cando tivo a oportunidade de determinar a política do Estado”.

Candidatura BNG ao Congreso:
1. NOA PRESAS
2. DIEGO LOURENZO
3. RAQUEL VÁZQUEZ
4. FRANCISCO GARCÍA

Candidatura BNG ao Senado:
1. XACOBE GARCÍA SOUTO
Suplente 1: Xosé Xesús Vilasánchez Feijóo
Suplente 2: Rut Reza Álvarez
2. CARME BOLAÑO VÁZQUEZ
S-1: Xosé Ramón Boán
S-2: Xela Fernández Veloso
3. ANDREA MARÍN
S-1: Sofía Carril Calvo
S-2: Diego Pérez Fontes

Artigos relacionados

Back to top button