Eleccións municipaisPolíticaÚltima hora

O BNG presenta a súa candidatura ás municipais en Ourense

No acto, que concluía coa intervención da cabeza de lista, Susana García, participaba Xavier Vence
Membros da candidatura do BNG-Asembleas Abertas en Ourense nos Xardíns Padre Feijóo, con Xavier Vence./ Foto: Carlos G. Hervella.
Membros da candidatura do BNG-Asembleas Abertas en Ourense nos Xardíns Padre Feijóo, con Xavier Vence./ Foto: Carlos G. Hervella.

Primeiro os Xardíns do Padre Feijóo e logo o Centro Cultural Marcos Valcarcel. Eran os dous escenarios escollidos polo BNG-Asembleas Abertas na tarde do 16 de abril para presentar a súa candidatura ás vindeiras eleccións municipais en Ourense. Unha candidatura que, tal e como explicaba Ruth Mariña Reza (número cinco da lista), “é froito das asembleas que o BNG fixo en diferentes lugares da cidade” e que está formada por mozos/as, traballadores” e encabezada por dúas mulleres Susana García Rodríguez, “unha candidata disposta a transformar o lugar que habita”, e Noa Presas Bergantiños.

O portavoz nacional do BNG, Xavier Vence, con Alfredo Suárez Canal, na presentación da candidatura./ Foto: Carlos G. Hervella.
O portavoz nacional do BNG, Xavier Vence, con Alfredo Suárez Canal, na presentación da candidatura./ Foto: Carlos G. Hervella.

De seguido, tomaban a palabra outros dous integrantes da lista do BNG: Gloria Viana Rivera (a número nove), do rural, e o traballador do metal Hipólito Ordóñez (número 20 e independente) que explicaban os motivos que os levaron a integrarse na candidatura nacionalista.

Intervención de Ruth Mariña, número cinco da lista do BNG./ Foto: Carlos G. Hervella.
Intervención de Ruth Mariña, número cinco da lista do BNG./ Foto: Carlos G. Hervella.

A presentación continuaba co portavoz nacional do BNG, Xavier Vence, que calificaba a candidatura nacionalista ourensá de “renovada e con xente honesta e traballadora para un Ourense tamén novo que ten que renovarse. Temos que mudar e o BNG é a organización alternativa”. Asemade incidía en que “temos que usar o Concello para crear un modelo de cidade alternativo” e “imos cun programa para rescatar servizos privatizados para a xestión municipal”. Ademais apelaba á necesidade de convertir a Ourense “no que ten que ser, unha verdadeira Atenas galega”.

Xavier Vence, nun dos momentos da presentación da lista do BNG en Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.
Xavier Vence, nun dos momentos da presentación da lista do BNG en Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.

Coa intervención da cabeza de lista, Susana García, completábase o acto. Aludía ás 27 persoas que configuran a candidatura do BNG, “que aposta por iniciar unha nova etapa na cidade”, destacando aspectos como a xuventude, a experiencia, a renovación ou o compromiso. Adiantaba asemade que unha das prioridades será a creación de emprego e a volta da xente nova. “Non imos permitir que continúe o éxodo da cidade”. Para traballar nese senso citaba un “plan de emprego que xa está consensuado”, unha “política de vivenda para favorecer o asentamento da poboación moza” e a “remunicipalización dos servizos.

A cabeza de lista, Susana García, clausuraba o acto./ Foto: Carlos G. Hervella.
A cabeza de lista, Susana García, clausuraba o acto./ Foto: Carlos G. Hervella.

E concluía citando os nomes de cada unha das persoas que configuran a lista coa que o BNG-Asembleas Abertas concurrirá ás vindeiras eleccións municipais do 22 de maio en Ourense:
1. Susana García Rodríguez, 2. Noa Presas Bergantiños, 3. Xosé Luis Seara Fernández, 4. Xosé Lois Freire Domínguez, 5. Ruth Mariña Reza Álvarez, 6. Beatriz Fariñas Garrote, 7. Fabián Feijedo Fariñas, 8. Ánxel Manuel Amaro Quintas (Independente), 9. Gloria Mª Viana Rivera, 10. Xosé Ramón Álvarez Dacoba (Independente), 11. Mª Xesús Jardón Nogueiras, 12. Xosé Fernández Baltar, 13. Xela Fernández Veloso, 14. Xosé Diego Pérez Fontes, 15. Mª Xosé Rodríguez Porca, 16. Manuel Mª Carnicero Méndez-Aguirre, 17. Iria Aldomar Dosouto (Independente), 18. Iago Gómez Salgado, 19. Xoana Catalina Baltar Romanos, 20. Hipólito Ordóñez Fernández (Independente), 21. Lucía Dalama Torres, 22. Xosé Diz Romay, 23. Aurora Álvarez Pérez, 24. Carlos Fernández Fernández, 25. Montse Nóvoa Gómez, 26. Secundino Alonso García, 27. Ximena Mariel González Ataide.

Artigos relacionados

Back to top button