Galerías de fotosPolíticaÚltima hora

O BNG presenta unha moción para instar á Xunta a “abrir inmediatamente” a base de helicópteros de Vilanova

No Pleno da Rúa era aprobada cos votos en contra do Partido Popular

No ecuador do período de alto risco de incendios, o BNG mantén a súa preocupación pola ausencia de medios na comarca. O concello da Rúa continúa sen motobomba e a día de hoxe “as obras de mellora para a apertura da base de Vilanova, no Barco de Valdeorras, que o Partido Popular se comprometeu a levar a cabo coa máxima celeridade en xuño de 2018 co obxectivo de que abrira nesta tempada, nin sequera comezaron”, asegura a deputada Noa Presas, engadindo que “Ourense é o territorio no que o lume arrasou máis superficie nos últimos anos e onde este fenómeno se dá de forma máis repetida. No 2017 arderon en Ourense 30.309 ha, iso é case a metade do que ardeu en Galiza 61.901 polo que Ourense precisa máis medios que se adecúen ás súas particularidades canto ás condicións climáticas, económicas, sociais e de distribución da poboación”.

Por todo iso, desde o BNG apelan á “responsabilidade e esiximos que as institucións ourensáns reclamen da Xunta de Galiza medidas inmediatas para reforzar os instrumentos de prevención e extinción dos lumes e evitar un 2018 negro. Neste sentido, entendemos a obriga de reclamar, como medidas urxentes a tomar por parte da Xunta de Galiza: retomar inmediatamente as brigadas de vixilancia móbil ou primeira intervención, reforzar os medios humanos dos dispositivos de prevención e extinción garantindo os seus dereitos laborais e de descanso e priorizando os concellos de maior incidencia de lumes, acondicionar de forma inmediata a base de helicópteros de Vilanova (O Barco), reforzar os medios materiais (motobombas, etc) daqueles concellos que o soliciten”.

E para elo, o grupo nacionalista presentaba unha moción común para todos os concellos da comarca que no caso da Rúa era aprobada no Pleno celebrado na tarde do 3 de setembro. Nel, solicítase que “o goberno municipal inste á Xunta a cumplir a iniciativa do BNG que o parlamento galego aprobou por unanimidade de todos os grupos da cámara, para acondicionar e abrir inmediatamente a base dos helicópteros contra os lumes de Vilanova e sexa dotada con dúas aeronaves coas súas respectivas tripulacións. Do mesmo xeito solicitáse a emisión “dunha declaración institucional condenando o desleixo da Xunta de Galiza que nos deixa sen medios na loita contra os lumes”.

A moción saía adiante cos únicos votos do BNG e do PSdeG-PSOE. Era rexeitada polo PP ante a negativa de retirar o último punto da moción. “Estamos dacordo con que se abra a base e apoiaremos ese punto, pero non o de acusar á Xunta de desleixo, porque para pedir hai que dar e A Rúa está botada a monte e ese é problema do Concello”, asegurou o voceiro popular Avelino García.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button