O BNG reclama unha solución contra a praga da velutina

O deputado Xosé Luís Rivas “Mini” denuncia a inacción do goberno ante este asunto

O deputado do BNG, Xosé Luís Rivas “Mini”, denunciou no Parlamento a “inacción do goberno” ante a praga da velutina. O deputado demanda “medidas urxentes e investigación sobre o comportamento da avespa, que está a ameazar gravemente a saúde pública e o equilibrio medioambiental”.

 

O deputado Xosé Luís Rivas “Mini”.

 

Rivas lembrou que o pasado ano foron retirados 24 000 niños de velutinas, e recalcou que a avespa está a causar importantes perdas na apicultura, na fruticultura e na polinización. Así, insta ás consellerías de Medio Rural e Medio Ambiente a incidir na información para que a poboación saiba como reaccionar ante os ataques da velutina.

Por outra parte, denuncia que ambas consellerías manteñen unha “actitude escurantista e continúan desviando a responsabilidade ás deputacións e concellos obrigados a investir catro veces máis que a propia Xunta na loita contra a praga”.

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies