En portadaÚltima hora

O BOE publica a aprobación do trazado da circunvalación do Barco

O anuncio recolle a aprobación definitiva do proxecto de trazado da conexión entre a N-120 e N-536 no treito Sobradelo-O Barco

estra

Vén de aprobarse o expediente de información pública e definitivamente o proxecto de trazado “Conexión entre as estradas N-120 e N-536. Tramo: Sobradelo-O Barco de Valdeorras”, coñecida como a circunvalación do Barco. O anuncio da resolución da Demarcación de Carreteras do Estado en Galicia publicábase no Boletín Oficial do Estado (BOE) do 18 de febreiro.

O anuncio tamén recolle unha serie de prescricións “a cumprimentar no proxecto de construcción”, nese senso sinálase, entre outras cuestións, que se “terá en conta o grupo de alegacións que cuestiona a accesibilidade á nova estrada no entorno de Candís, principalmente de empresas ubicadas no lugar e do Concello do Barco de Valdeorras, realizando un axuste do trazado e dos accesos á vía”.

Tamén se indica que no referente a afeccións “sobre bens que non aparecían contemplados no proxecto de trazado, durante a redacción do proxecto de construción revisarase a situación de éstes e valoraranse adecuadamente dentro do Anejo e Expropiaciones e Indemnizaciones. Así mesmo, modificarase no proxecto de construción a titularidade e superficies daquelas parcelas nas que os seus propietarios teñan aportado documentación suficiente”.

Tamén se inclúen prescricións como a supresión da glorieta do No 1 e o mantemento da “intersección na súa situación actual, mellorando a sinalización e o balizamento”.

Artigos relacionados

Back to top button